martes 25 de noviembre de 2008

Quilombo electoral

Levaba anos pensando na conveniencia de colgar na rede este traballo e creo que xa chegou o momento. Xa pasaron algo màis de tres anos dende a sùa realizaciòn e moita xente, sobre todo amigos meus, xa tiveron ocasiòn de velo. O tempo non pasa en balde e agora lembrando os motivos que me levaron a Bos Aires a producir e realizar esta peza teño que dicir que xa non son os mesmos que o que me motiva agora a colgalo na rede.
A miña primeira intenciòn era demostrar como o noso sistema electoral propiciaba o engano...agora confòrmome con mostrar.
Sinceiramente este traballo non valeu de nada... ningùn partido polìtico (a pesares das sùas promesas) nin ningùn medio ( a pesares dos seus esforzos) consideraron oportuno a sùa divulgaciòn ou emisiòn. Na miña inxenuidade non puiden discernir que tanto partidos como medios, sen ser a mesma causa teñen moito en comùn.
Sei que me vou a meter en lìos pero tanto me ten...dentro de pouco meses teremos nova cita electoral en Galicia e o sistema està podre. A ninguèn lle interesa cambialo. Eu prefiro os lìos que a podredumbre...







12 comentarios:

Xosé Carlos dijo...

Kali, este traballo nunca debeu caer no olvido, non alcanzo a comprender coma ninguén se interesou no seu momento en darlle o uso que lle correspondía. Teras razón que a ninguén lle interesaba antes nin, polo que vemos, lle interesa agora.

Xosé Carlos dijo...

Kali, este traballo nunca debeu caer no olvido, non alcanzo a comprender coma ninguén se interesou no seu momento en darlle o uso que lle correspondía. Teras razón que a ninguén lle interesaba antes nin, polo que vemos, lle interesa agora.

Anónimo dijo...

Un gran documental. Xa era hora que saise ao público as trapalladas que se fan co voto emigrante. Agora, tanto o PP como o PSOE, que digan o que queiran, pero queda en evidencia a súa manipulación e pouco respecto que teñen á emigración. Para eles é unha simple mercadoría. Parabens pola ousadía e polo traballo ben feito.

yo dijo...

Carlos, eu entòn tampouco o entendìa, agora si...O tema estivo en que o Partido Popular perdeu a maiorìa entòn foi mellor deixar as cousas asì. Se o resultado electoral fose outro asegùroche que o documental ìa a utilizarse.
Este documental està na TVG, TVE e Tele5 e ninguèn atreveuse a emitir nin un segundo.
Està claro que o voto emigrante beneficia ò partido de turno que goberna en Madrid, pero tamèn digo que o BNG de portas para fora clama contra o voto emigrante...de portas para adentro non fixo nin fai todo o que deberìa para deter esta vergoña polìtica.
Uns por omisiòn e outros por pillerìa manipulan un sistema que està podre...

Félix Soria dijo...

Ola,
Non coñecía este traballo, ao que chego vía Chuza!, e xusto diante doutras elecións nas que o 10% dos votos (¿o 10% da decisión!) de que goberna na Galicia está nas mans de persoas que non viven no país.
A vosa reportaxe é excelente.
Noraboa, grazas pola lección de análise audiovisual e unha aperta.

Anónimo dijo...

Impresionante, simplemente noraboa, a ver se tan sequera pola rede lle damos algo de difusión a isto, porque realmente é incrible. Só me faltan os que 'rouban' os votos no correo, antes de lle chegaren ás persoas. A meus pais, fora desde hai 5 anos, non lles chegou máis que o primeiro ano. ¿Casualidade?

Anónimo dijo...

Noraboa, paréceme un traballo de investigación moi interesante.

Dicir que cheguei ata aquí grazas o enlace que un usuario achegou en CABOZO.COM

Anímolle como colaborador e usuario desta nova comunidade web galega a que se pase por alí onde terá a posibilidade de crear un grupo de difusión público para difundir con total liberdade este e outros aportes que sexan do seu interese, así como o seu propio blog.

Habería algunha posibilidade de contactar con vostede vía e-mail e podelo facer unha pequena entrevista sobre este documento para difusión da comunidade web galega CABOZO.COM?

Un saúdo.
TitoCorleone (Usuario e colaborador de Cabozo)

Pd - Para calquera cousa pode contactar comigo a través de mensaxe privada na propia web (www.cabozo.com)

deckarz dijo...

Miña noraboa a Carlos pola excelente reportaxe. Accions coma esta son as que poden comezar a trocar as cousas e a forma de ver e de pensar a xente, que boa falla nos fai.

Anónimo dijo...

Noraboa! moi boa reportaxe!
Eu supoña q os emigrantes q levaban moito tempo forá tiñan certa desconexión ca Galiza, pero non sabía q fose tanta!!
Coido q os señores q saen dicindo q votarán nesas eleccións ó PP é dicir a Fraga, é como si votaran a un exministro de Videla ou Pinochet!! seguro q si fosen conscientes diso non terían tan claro o seu voto! Non a manipulación da vontade popular! q remate xa esta vergoña!

Anónimo dijo...

Boa reportaxe! e nós acó querendo dar clases de democracia a sudamerica!
Na Galiza todo o mundo sabe que existe certa manipulación no voto emigrante, pero a maioria da xente non ten claro como? canto? e quen? Grazas a que atopei a túa entrevista e o teu enlace en www.cabozo.com agora eu xa o teño máis clariño! Grazas!

Anónimo dijo...

Miñas felicitacións pola reportaxe!
Sinto rabia, vergoña e noxo da nosa clase politica! Este documental é unha boa mostra do que poden chegar a facer pra facerse có poder. É indignante máis ainda sabendo que púidose ter mostrado en varias cadeas de TV e ninguén quixo facelo. O sistema cheira pero a naide lle interesa darlle solución.

gamela dijo...

Gracias polo teu traballo e dedicación á verdade e á xustiza...!

Síntome moito mellor sabendo que existen galegos dignos de tal nome vivindo en Barranquilla.

Saúde e Boa Fortuna !!!