martes, 1 de julio de 2008

Puntos de vista

Estimado amigo:

Supoño que xa serás coñecedor da gran nova do derradeiro século,a nai de tódalas novas...a selección española acadou o campionato de Europa (incluida Turquia) de nacións,estados e conglomerados futbolisticos....
Tiñas que ve-lo,xogaron a Dios,os pequenos do Barça son a hostia,o porteiro do Madrí saese,o negriño do Vilarreal un puto crack,Villa o mais listo de todos...bueno a hostia...realmente un espectáculo de futbol que por momentos fíxome lembrar ao Celtiña de Mostovoi..sniff
Pois xa podes imaxinar o que está a pasar,a xente nas rúas,os bares petados,bandeiras españolas por tódolos lados(por certo non sei de onde saen,eu pensei que soio as tiñades vos e Mouriño para colgar no Corpus),as canles de T.V non falan de outra cousa...con decirte que Cuatro xa arranxou a programación dos vindeiros tres meses.
Mención aparte merecen esas almiñas que se desplazaron a Austria e a Suiza durante os 15 días que durou o evento (non sei como está Colombia pero España está en plena crise fatal de la muerte)...que pasión,que fervor,canta reivindicación natural e espontánea de unidade nacional...en Europa xa coñecían a imaxinación e "gracejo español" pero non podían nin pensar que foran así...a xente disfrazada de toureiros,"bailaoras",portando bufandas e muñecas inchables e o non vai mais da representación patria,unha pandilla de rapaces vestidos co traxe de gala da benemérita...espectacular Calriños,espectacular.
Outra cousa que me chamou a atención e o trabucados que estabamos co nome deste bonito Estado de touros,garda civil e flamenco...como din ahí en Colombia?...aquí amigo meu dise EPAÑA!!! ou millor ainda VIVAEPAÑA!!!.Isto lonxe do que podes pensar,non responde a ningún acento da zona sur,diso nada...un compatriota da zona interior de Galiza-cia( estos diás Comunidade Autónoma de...)concretamente de Lugo,colleu o micro do reporteiro,e cos ollos fora das cuncas berrou a cámara "VIVAEPAÑA caghondios",se non fora polo "caghondios" e porque estaba nublado o mesmo parecía que se atopaba en Chiclana;ia enfundado na "roja" a elástica que estos dias trocou pola de Renault de Fernando Alonso...xa sabes Lugo Asturias...ahi ahí.
Total amigo meu, foi o día mais feliz desta bonita zona rodeada de auga por tódolos lados menos por unha que é Andorra,soiamente o separatista vascuence Ibarretxe,tentou empañar as xornadas co seu Plan Infernal,que tenta desmarcar as suas xentes deste nexo de unión que son os touros,o flamenco e a garda civil...separatista de merda.Menos mal que en Bilbao (ali din Bilbo)unha masa organizada e patriótica saltou as rúas ou kaleas,para pecha-la boquiña dese sinvergoña "anti-epañol"...tal foi a masificación que a parella de Ertxainas veuse tola para reducir a aquelas 25 persoas que berraban : "el año que viene Epaña en San Mamés,el año que viene Epaña en San Mamés"...en fin, e ter gañas de lio.
Agardo que esta liñas,servan para que te fagas unha idea do que aqui está pasando,que saques da túa cabeza a preocupación da ruptura de Epaña eo mesmo tempo para invitarte o vindeiro mes de agosto as festas da Pergrina en Pontevedra onde tomarei a alternativa apadriñado por Jose Tomás...
Namentras estra fin de semán,ireime a Rapa das Bestas,subirei ao monte,correrei a beira dos cabalos,beberei cuncas de Ribeiro,cantarei cancións que xa cantei mil veces,subirei ao palco e berrarei A Pasa-lo bem!!! e posiblemente durante ese tempo,non serei consciente do triste que é a nosa vida sen touros,flamenco e garda civil.

Unha aperta moi forte

Guli

6 comentarios:

Anónimo dijo...

GULI VÉMONOS NA RAPA. KALI, ES TI OU ESTE É O NOVO BLOG DE RAFA? A QUEN ME DE UN PAO DOULLE UN PESO. UNHA APERTA.
DANI.

Anónimo dijo...

O máis simpático aínda foi ver deceas de coches pitando polas rúas de Lalín. A Praza da Marina ateigada de xente, aínda que menos que cando o Madrí gaña as copas de Europa. Xente mollada por dentro e por fóra e, en medio do rebumbio e dos coches ondeando bandeiras españolas, Manolito Dofeca e os Tonas pitando, no coche de Manolo, coa estrelada ao vento. Jajajaa. Non sei se somos mellores ca outros, pero ocorrentes, desde logo que si.

Un abrazo, Sito.

yo dijo...

Pois que queres que che diga Dani...non entendo moi ben o teu comentario. Ou estou moi lento na túa sutileza ou estás demasiado obsesionado con Rafa.

Unha aperta.

Anónimo dijo...

Kali un pouco de sentido do humor

yo dijo...

É precisamente o que fixen...aplicar o sentido do humor.

Anónimo dijo...

Bueno yo viví el partido en Denia(Alicante), me lo pase genial, un ambientazo, flipe pero flipe mucho, no he visto tanta bandera roja y amarilla por m2 en mi vida. Las niñas monísimas, sujetadores rojos con shorts amarillos, cinturones, zapatillas, cintas de pelo, gallumbos, a por ellos ¡¡¡oehhhhh¡¡¡, con lo mal que combinan estos dos colores, bueno como el negro con el azul marino igualito...
La sorpresa como siempre llego desde mi querido pueblo Ermua que debió de ser el único pueblo del Euskadi que puso una pantalla gigante en el parque para la retrasmisión del partido...... Y yo siempre diciendo que Zobra era sitio distinto….
Nota: A veces el sentido de humor te puede llevar a la desesperación, creo que esto lo dijo un tal -Anónimo-
Pilar Ermua-Zobra