domingo, 10 de agosto de 2008

Traición


Hola amigos,

Escribo dende México impulsado pola indignación ó enterarme da nova medida que pretende aprobar o Estado español no concerninte ó negarlle a nacionalidade ós netos de emigrantes. Por moito que lle dou voltas non logro entender esta puñalada trapeira nas costas de miles de galegos e millóns de españois que viven en América Latina. De chegar o 27 de decembro e confirmarse este despropósito España e Galicia romperán definitivamente lazos emocianais (os económicos van por outro lado) cun continente que tanto lle dou e o que nada se lle devolveu agás esmolas que coa cabeza baixa reciben para non rexeitar por educación.
Moitos analistas e plumillas en xeral queren reducir este tema no marco dun debate electoral, aducindo que é lóxico que si non se vive nun pais non se pode votar ou contribuir democráticamente na toma de decisións. Deberían decir claramente que eles son partidarios do dito “el hombre es de donde pace, no de donde nace”. Se botamos unha ollada os nosos campos veremos como unha gran porcentaxe das vacas que os poblan pacen en Galicia pero se lle siguen chamando holandesas, frisonas…o que lle otorgamos ás vacas llo quitamos as persoas.
Os votos dos residentes ausentes están baixo sospeita por culpa dun sistema corrupto impulsado dende o propio Estado. Os que manipulan os votos non son os emigrantes, moitos deles acostumados a procesos democráticos antes que a gran maioría de españois. Non lle demos lecións de democracia a ninguén cando os nosos políticos se lanzán sistemáticamente á gorxa dun electorado moi sabroso para saciar o apetito de gobernar en España, en Galicia ou no pobo de turno. Os votos claro que se manipulan, pero dende os propios partidos na figura dos chamados axentes electorais, que non son outra cousa que meros recaudadores de votos. Algúns destes axentes despois son recompensados na nosa terra con honores ben ridículos. Mesmo na nómina dos ilustres Comendadores do Cocido hai algún.
Pero ser GALEGO e moito máis que iso. Ser GALEGO non so é ter a capacidade de votar cada certo tempo. Moitos dos galegos en América Latina seguen conservando as súas costumes, están orgullosos de pertencer a unha cultura propia, cun falar propio, cunha forma de entender a vida de seu. Cando en Galicia falar galego era de marulos eles o falaban con total libertade e en voz moi alta…tan alta que os seus ecos se escoitaban na propia Galicia para que os que aínda quedaban sen o cerumen da censura poideran escoltar e seguiran loitando.
Historicamente podemos afirmar que Europa é o que é por América, do mesmo xeito que podemos dicir que América padece o que padece por Europa. Fai siglos foi esquilmada, non so nas súas potencialidades económicas senón tamén no seu acervo cultural. Por iso nos como galegos temos moito máis que ver cun boliviano que cun belga. Podémonos entender mellor e á hora de facer causa común teríamos máis coincidencias de loita. Mentras que as minas de Potosí eran saqueadas polos Reis Católicos Galicia era machacada polo poder centralizador. Mentras que os indios de Potosí eran evanxelizados a os galegos se lle extirpaba a súa lingua e a súa cultura. Na actualidade Bolivia é un dos paises máis pobres do mundo e Galicia unha das zonas máis desfavorecidas de Europa.
As similitudes son moitas e nestas similitudes temos que defender a América e a os galegos que viven nela.
Falando con algúns deles a desesperanza é total. Síntense traicionados e enganados. Eu mesmo estiven nun mitín do Partido Socialista en Bos Aires, no 2005, en plenas elecións galegas. Lles quentaron a cabeza coa promesa da nacionalidade. A nacionalidade para os seus netos non so lles da dereito a votar, tamén a residir legalmente en España, a ter unha educación gratuita, saude pública…e tamén para que os seus netos podan residir no mesmo pais que eles tiveron que abandoar á forza. É igual se por motivos económicos ou políticos, ámbolos dous camiñan moitas veces da man.
Pero todavía lles doe máis que esta medida esté impulsada por un partido que se fai chamar Partido Socialista Obrero Español. Moitos deles militaban neste partido cando deixaron España e o defenderon dende América, incluso con aportacións económicas. Como dato os estatutos da Federación de Sociedades Galegas en Bos Aires contemplan que para pertencer a esta Federación hai que ser republicano.
Cóstalles entender que un socialista como Felipe González pactase con Ménem e a súa tropa de corruptos para quedarse ata coas reservas de petróleo arxentinas, hoxe en manos de Repsol. Agora en México, en pleno debate e loita sobre a privatización do petróleo, ven outra vez un goberno de esquerdas español a aplaudir e apoiar a un político derechista como Calderón. Poden entender que o goberno de España quera defender os seus intereses en América pero non logran comprender que estos intereses sexan volver a saquear un continente onde viven na actualidade millóns de españois ou descendentes.
Se España e tan rica para comprar o petróleo de México como que non o é para propiciar que os seus netos volten a España? Por qué quere o petróleo ou as concesións de telecomunicacións e non quere os seus fillos?
Eu vou a ter un fillo en Colombia e o meu neto non poderá ter pasaporte español agás que visite regularmente España. Como se fose tan fácil viaxar regularmente a España cos soldos de aquí¡¡¡ Por poñer un ejemplo, eu se vou en setembro a España teño que pagar unha media de 800 euros. A miña compañeira, que é colombiana ten que pagar unha media de 1.500 euros, sen contar tódolos trámites e viaxes a Bogotá para conseguir un documento tan vergoñante chamado VISA. En total os gastos da miña compañeira poden superar os 2.000 euros cando un soldo medio en Colombia non supera os 200 euros ó mes…iso se tes sorte de traballar.
Eu por ser español podo entrar libremente en Colombia ou en calquera pais de América. A miña compañeira non pode entrar en España…e se temos netos os nosos netos tampouco. Un belga si…
América Latina sangra polos catro costados e nesa hemorraxia sofren moitos galegos. A solución que se lles plantexa e negarlles a nacionalidade. Aislalos.
Pois ben, se o meu país non quere que o meu neto sexa español pois eu non quero ser español. Disfrutarei sendo galego como sempre o fun, que para eso non hai que ter pasaporte nin papeis. Pedirei a miña Visa como ciudadano colombiano e poderei decirlles os meus amigos que para vir a miña casa tan son hai que ser amigo, non ter nacionalidade. Pero para ir eu a súa teño que sacar un papel e pagar o doble que pagarían eles cobrando máis da metade.
Iste é o mundo que queren os que din que defenden os dereitos e as igualdades. Os dos gobernos paritarios e os de políticas sociais. Xa non lles creo. Nunca me gustou o entroido por eso. Nunca sabes quen se esconde detrás da máscara.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Kali:
Creo que entendiches mal, poderán ter nacionalidade española aqueles que desmostren os seus vínculos con España principalemnte a través de viaxes.
Eu penso que é necesario poñer algún límite pois pode chegar algún que non sabe nin situar España no mapa e aproveitarse so por interés non por cusetións de sentimento ou pertenza a unha comunidade.
De todos os xeitos nada diso e definitivo pois a reforma aínda está en elaboración e terá que pasar polo Parlamento onde poderá haber emendas de todas as cores.
No dos votos tes toda a razón, nalgúns países levan máis tempo votando ca nos, o que hai que variar é o sistema de votación, aí está o fraude , non quitarlles dereitos salvo nas eleccións municipais pois se un lalinense que vive en Vigo non pode elixir ao alcalde de Lalín ¿por qué si pode un de Chascomús?

yo dijo...

Nico:
Non sei que entendìn mal...iso das viaxes servirà como excusa para negar nacionalidades.
Fòra de si estamos dacordo ou non hai unha cousa que se chama vergoña polìtica e eu aseguroche que dende as filas do Partido Socialista se lles dixo que se gañaban as elecciòns, a travès da Ley da Memoria Històrica, se ìan a favorecer as nacionalidades òs netos. Eu non estou inventando nada.
Podo estar de acordo no tema das municipais, incluso das autonòmicas...pero negar unha nacionalidae è outra cousa, implica màis que votar.
Non se pode enganar à xente, nin en Galicia nin en América.

Unha aperta.

Anónimo dijo...

kali estas bem???
Conectate o mesenger porque non estou dacordo en nada!!!

MIRIAM

Anónimo dijo...

Ti cala e deixa a Kali cas suas cousas...je,je,je

Guli

Anónimo dijo...

Traición???
¡¡¡Veña, todos a mamar do teto que é gratis!!!

yo dijo...

Creo que non me expliquei ben...Eu so digo tres cousas:
1.- Enganouse à xente ofrecendo nacionalidades a traveso da Ley da Memoria Històrica.

2.- A nacionalidad implica moitas màis cousas que o dereito a votar.

3.- Hai netos de galegos que apotarìan moito a Galicia.

Por outro lado so vou a amosar mensaxes respetuosas. As mensaxes xenofòbicas teràn cabida noutros blogs. Unha cousa è non estar dacordo, outra os insultos e as ameazas...e menos à miña familia.