miércoles, 29 de octubre de 2008

Consorcio turìstico...


Entendendo a figura de Consorcio Turìstico como unha suma de forzas e intereses por parte de Administraciòn Pùblica e empresa privada para promocionar e comercializar productos turìsticos pregùntome o seguinte: Lalìn necesita isto? Na miña opiniòn non.
Crespo sempre se caracterizou pola sùa movilidade. Sempre disposto a viaxar visitou moitos lugares e de cada un deles trouxo unha "idea". Crespo è un practicante do coñecemento empìrico e iste empirismo o traslada a sùa forma de facer "polìtica", que deriva ùnicamente da observaciòn de modelos ou hàbitos que se repiten e non dunha comprensiòn a fondo dos problemas e necesidades do seu pobo.
Crespo primeiro ten "ideas" e despois as intenta aplicar. E como si alguèn chegara à conclusiòn de que si o Sol sae e se pon tòdolos dìas pois xa està claro que seguirà saindo e poñèndose por sempre xamàis.
Moi ben, Crespo tivo agora unha "idea" relacionada co turismo e crea un consorcio cando o que quixo nun primeiro momento era crear unha empresa turìstica...pero di que non pode ser porque non ten cartos para a segunda. Dito de outro modo Crespo tivo unha "idea" e observou como funcionou no pasado noutros lugares e quere creer e facernos creer que pode aplicarse en Lalìn, pero sen necesidade de indagar màis.
Na rolda de prensa de presentaciòn da sùa "idea", como xa debeu indagar moito e todo està claro, faise acompañar de dùas emimencias do sector turìstico mundial...o concelleiro de deportes e o da Casa do Patròn (por certo, moi axeitado este nome).
Crespo explica que non quere debate polìtico...incrible. Un polìtico profesional (non se lle recoñecen outros mèritos) renega do debate polìtico...estupendo. Alguèn lle deberìa explicar que incluso as ideas màis intelixentes e humanas teñen a necesidade de someterse constantemente a escrutinio e discusiòn, non so a comisiòns de goberno onde os seus concelleiros calan a boca porque teñen memoria de burro, e dicir, nunca olvidan onde comeron a ùltima vez.
Crespo, quizàis levado polo seu subconsciente, afirma que este consorcio turìstico servirà de modelo para outros CHIRINGUITOS...jajajaja...outra vez incrible pero neso estamos dacordo. Entre patronatos e fundaciòns Lalìn presenta un estado comatoso en materia de cultura e deporte.
En Lalìn dende sempre, as ideas xurdiron na rùa e houbo polìticos que polo menos escoitaban...ata Crespo o fixo pero abandonou esta sana costume. Crespo pasou rapidamente (demasiado dirìa eu)de ser un polìtico tìmido o que se lle notaba certo reparo e vergoña o falar en pùblico a ser un "experto" e "dilatado" orador. Esta evoluciòn para min è falsa debido a que agora somos moitos os lalinenses que temos vergoña allea de escoitar tantas barrabasadas.
Este consorcio turìstico, non ten pes nin cabeza porque està baseado nunha "idea" de outros dificilmente aplicable en Lalìn. Este proxecto non nace nin por necesidade nin por oportunidade. Lalìn ten outras necesidades màis perentorias, por exemplo en materia cultural e deportiva. Se se centrara convintemente nalgunha delas poderìan xurdir outras oportunidades.
De seguir asì Lalìn convertirase no autèntico Kilòmetro Cero de Galicia...o lugar de partida de moitos lalinenses. Os de fora viràn a ver a malla tradicional, os de Lalìn a mallar fora.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

¿la culpa de todos tus problemas la tiene crespo?

yo dijo...

Pois non. Os meus problemas son meus e non dependo de ninguèn para arranxalos. Ò mellor ti dende o teu anonimato non podes dicir o mesmo.

Anónimo dijo...

eres un puto resentido mas. jòdete

Anónimo dijo...

Parece que n Lalín xa quedan poucos, e os que van quedado son maleducados e mal falados.
Xa sei que hai de todo, pero os que deberían irse son estes.

Anónimo dijo...

Me parece bien que se le hable mal al Kalimero este. Que se quede en Colombia y que deje de insultar a los lalinenses. Seguro que en Colombia lo pasa mejor. Allì la droga està mas barata.

Anónimo dijo...

Kali eres libre de escribir lo que quieras pero haz el favor y no le hagas el juego a tus amigitos. Ademàs es muy feo criticar ahora que no estàs aquì y cuando estabas te callabas la boca. Es que ahora todo està mal y cuando tu estabas todo bien?
Tambien hazte un favor y ahora que parece que vas a ser padre pues centrate en tu familia y dejar de perder el tiempo y de meterte en cosas que no tienes ni idea.

Anónimo dijo...

A mi me encanta leerte, ya que a pesar de conocerte desde pequeñito, esta faceta tuya no la conocia y me gusta.
Bienvenido al club de los deslenguados libres.

Anónimo dijo...

Carallo Kali ,seica a algúns lles proe o que dis, menudo bombardeo...
Un pouquiño de educación pois si que vai ter razón co da cultura.
Por certo non creo que Kali pechara a boca nunca...

yo dijo...

Puxen as crìticas màis suaves que me chegaron...pero estas crìticas para min son un autèntico pracer. Non fai falta saber quenes son estos anònimos porque està claro a quen apoian...e polo tanto eles mesmos se delatan. O dito... un pracer...jajajajaa

Anónimo dijo...

Contra!!! coma saltan as troitas!!!bueno Kali xa che dicia eu que eres un pouco heavy...a xente non lle gusta escoitar estas cousas,e mais agora que estamos a un nada do mes do cocido ( antes coñecido como Nadal) e a chegada das garotinhas...
Aos anónimos pedirlle educación,home por Dios!,opinade sobre o que di Kali pero non insultedes...e se insultades fadeo dando o nome...por exemplo:

sodes todos unha manta de porcos,cabrons e falsos

Juan Gulias Baliño

Anónimo dijo...

La culpa de todo la tiene Yoko Ono y el espíritu de Lennon que le sale por los poros. A mi también me parece bien que hable de Kalimero, pero mejor que lo haga la gente que de verdad lo conoce.

Sito.

Anónimo dijo...

Hostias! estou perplexo.
Quero pensar que os comentarios incalificables sobre Kali foron realizados polo espírito da Peperísima Trindade (Aznar, Acebes, Zaplana) pois dexexo que en Lalín, sector ala-extremo-interior dereito (en termonoloxía balonmanística) non haxa tanto fillísimo de puta.
Kali, o que realmente lles doe é que arriscases para voar por libre mentres outros decidiron acocharse baixo as plumas de PPapá.
Adiante, valente.
Un saúdo, Pío

Anónimo dijo...

ya que ledroga esta tan barata traerme un gramo en navidad
latigo.

Anónimo dijo...

saudos moi grandes.A desfrutar que agora enpeza a poñerse divertido o teu blog.
Abrazos a moreas.
Tubas

Rafik dijo...

que elementos! Pasando de ellos. Un abrazo Kali