lunes, 13 de octubre de 2008

Lembranzas...



Dende a distancia seguìn moi atento a fermosa despedida que lle fixeron o Cine Lalìn e agora màis que nunca estou moi orgulloso de ser de Lalìn. No meu pobo hai imaxinaciòn e sensibilidade. Hai xente maravillosa que saben honrar à cultura e ten memoria. Non se deteñen pola nefasta polìtica cultural dos seus dirixentes e paren ideas que tan so eles son capaces de sacar adiante.
Sempre que se pecha un cine è unha mala nova. Nesta ocasiòn a min doeme especialmente. O Cine Lalìn traeme moitas lembranzas, dende neno ata non tan neno. Lembro a miña primeira pelìcula, unha de Cantinflas, acompañado do meu pai. Lembro como me gastei os cartos na Maragota e case me perdo "Tiburòn", menos mal que Juan Ledo (que daquelas xa se facìa acompañar dunhas rapazas fermosas) deixoume 25 pesetas para poder entrar...Moitas gracias Juan. Lembro como Campanas comentaba con Florentino a banda sonora do "Paciente Inglès". Lembro a estrea da miña primeira curtametraxe "Alzheimer", cun cine totalmente cheo e tamèn lembro como o xa vello proxector queimoume unha das dùas bobinas en 35 mm. que tiña. Dous anos despois tamèn estrei "Bobo Furcia" e o lume tamèn fixo os seus estragos. Pero era o Cine Lalìn e moitos de nos crecimos nel.
Para min è unha màgoa que todo acabe. Nunca tiven esperanzas dunha recuperaciòn por parte do Concello, porque en realidade nunca tiven esperanzas nos que habitan dende fai moitos anos a Casa Consistorial. Agora Lalìn xa ten centros comerciais, din que vai ter un concello novo, polìgonos, un novo "multiusos", un...Lalìn sempre vai a ter cousas novas pero semella estar incapacitado para manter as vellas. Meu pai lembra o Hospitalillo, eu lembrarei o Cine Lalìn que sen ser un edificio de Mansilla y Tuñòn a min me gustaba por todo o que reprensentaba.

Hoxe, un tanto masoquista da miña parte, verei "Cinema Paradiso"...e de seguro que se me escaparà algunha bagoa. De tòdolos xeitos noraboa a toda a xente que colaborou e propiciou unha despedida tan fermosa. Unha aperta para todos.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

¿ que recordos ?. cantas anécdotas.
totalmente de acordo.

Un saudo da familia ferry é en especial de Claudia para os teus

Anónimo dijo...

La verdad es que es una pena que desaparezca porque aunque no era muy grande era...MARAVILLOSO, nada que ver con el cine Campos.Cuando salía del cine Lalín, siempre me iba al Heladero,¡QUE TIEMPOS AQUELLOS! Yo creo que debieran de conservarlo simplemente por llevar el nombre de Lalín...Cuando llegabas tarde siempre iba el acomodador con la linterna y ¡qué sorpresas te llevabas...!

yo dijo...

Eyyy Ferriii...còmo va todo??? Un abrazo enorme para todos. Nos vemos pronto. Te echo mucho de menos.

Anónimo dijo...

El viernes pasado yo estuve en ese pequeño homenaje que le hicieron a "nuestro" cine y la verdad es que fue entrañable, tuve casi los mismos recuerdos que tu, la maragota, la primera peli... que en mi caso la que más recuerdo es Dirty Dancing con Teresita Casares y Mauro, no se aquí todo cambia y es justo como tu dices, construyen sin parar pero no conservan nada,pero que se puede esperar de un concello como este! me alegro de que estés bien y aprovecho para mandarte un saludo porque ya hace tiempo que leo tu blog(que descubrí gracias a Bea y Caje) y aún no había encontrado el momento.
Un abrazo,
Natalia

Anónimo dijo...

Carliiiitooooosssss,canto tempo, que pasa que non te atopo nunca no rollo ese de falar polo ordenador?
Boas lembranzas do cine,dende Marcelino pan y vino até unha de vampiros que viña anunciada como a peli que provocara a morte de mais de 1000 persoas nos EEUU...sniff en fin Lalin xa se sabe.."muxa ppolicia poca diversión..."
Unha aperta moi forte dende Arteixo provincia da Coruña cidade que sempre amei

Anónimo dijo...

A última imaxe que teño do cine foi a estrea de Bobo Furcia e o queimazo da bobina. A entrada parecía o fetival de Donostia.

Un abrazo Carliños.
Sito.

yo dijo...

Hola Natalia, es verdad...se me olvidaba el heladero...jajajaja...ya nos explicaràs que es eso de Teresa y Mauro con Dirty Dancing...

Sito, esa noite querìa queimar o cine...jajajaja...pero estaba bonito siii...

Guli...Marcelino Pan y Vino???? pero ti cantos anos cumpriches??? E por certo...en Lalìn non hai moita policìa...hai moita polìtica e pouca diversiòn...jajajjaja

Unha aperta a todos.

Rafik dijo...

el mítico bocata de salsa de riñones del heladero, salsa y un sólo riñón. 18 pesetas y después 25. Esto parece la serie "cuéntame"...

apertas meu

Anónimo dijo...

Pois eu si que tiña esperanzas de que fixesen algo bo con él.
Por suposto que os multicines do Pontiñas teñen as suas comoridades, pero este era un cine dos de verdade...
Saudos