
Hoxe foille entregado a Baltasar Garzòn un listado con 133.708 nomes de persoas represaliadas durante a Guerra Civil, 4.396 en Galicia. Moi ben, xa ten o listado, agora toca agardar para saber que vai a facer con èl ou mellor dito, que lle deixan facer con èl.
Dende que se anunciou a bombo e platillo a Ley de Memoria Històrica moitas foron as polèmicas, pero como case sempre pasa non se vai o fondo do tema. Dende o 10 de outubro de 1977 existe en España a Ley de Amnistìa...por què non se deroga ou revisa esta lei antes de aprobar outra?
Eu non logro entender o concepto de Memoria Històrica, tendo en conta, que dende a memoria e dende a historia pòdense facer dùas lecturas diametralmente opostas do pasado. Para min a memoria ten que ver màis cos sentimentos. A historia quèdase no campo do coñecemento sendo a mesma historia a que nos enseñou que o coñecemento pòdese manipular.
Se en vez de memoria nos tiveramos que refirir ò olvido darìamonos conta que non è o mesmo o olvido descoñecendo o pasado que o olvido no sentido de non dar importancia o pasado. No primeiro caso estamos a falar de ignorancia. No segundo de inxustiza.
Entendo que os polìticos da transiciòn tiveron que sortear momentos moi complicados e que o proceso democràtico tiña que avanzar, pero o fixo a risco de convertirnos en ignorantes e inxustos.
A ley de Memoria Històrica actual non terìa que existir nin levantar polèmica senòn existise unha denigrante Ley de Amnistìa. A memoria non se lexisla, non se pode facer unha lei para cada un. Pero en España ainda quedan vencidos...e familiares de vencidos que non poden esquezer.
A historia a escribiron os vencedores, a memoria è o que lle quedou os vencidos e ten que ser ista mesma memoria a que nos axude a non mirar para outro lado e facernos ver òs vencidos como puras estadìsticas de mortos e desaparecidos.
A historia diranos que en España houbo unha Guerra Civil e que durante 40 anos gobernounos un dictador. Para os historiadores os campos de batalla son meros lugares onde rodaron os dados da historia pero a memoria ten que ser a encargada de lembrarnos que neses campos morreron persoas reais, persoas de carne e oso a quenes se lles frustrou de forma violenta o seu proxecto de vida
A memoria ten que valernos tamèn para desenmascarar a algùn còmplice de tanta tropelìa, oculto hoxe en dìa na engranaxe democràtica. Estos mesmos foron os impulsores da Ley da Amnistìa, que non deixa se ser unha forma legal de cubrirse as costas.
A historia pode coronar a un polìtico como Manuel Fraga como un adalid dos principios democràticos, pero os familiares de Julian Grimau, Francisco Granados, Joaquìn Delgado... o seguiràn vendo na sùa memoria como o Ministro de Franco que intentou que as sùas execuciòns non tivensen repercusiòn internacional. Ou os mineiros asturianos que en 1.964 sufriron a contundencia de Fraga á hora de controlar à masa cun tràxico resultado de 5 mortos. Ou o mesmo periòdico ABC, con Fraga como Ministro da Informaciòn, cando os seus rotativos foron secuestrados e seu edificio volado tres anos despois. Ou o proceso de Burgos. Ou o peche da revista Destino co seu director Nèstor Lujàn no càrcere. Ou a pantomina de Palomares para tapar un escàndalo ecolòxico con repercusiòns ambientais e de saude na actualidade.
Pero a historia farà o traballo sucio de purgar a persoas como Fraga Iribarne e de este modo todos seremos vìctimas do pasado porque non queremos asumilo.
Todos miramos para outro lado e acomodados no que pensamos que è a etapa màis fructìfera de España aplaudimos hipòcritamente a Ley de Memoria Històrica ou a criticamos, pero non reparamos na vergoñante Ley de Amnistìa.
Incluso os descendentes dos vencidos xuran lealtade a un rei posto por Franco. Semella que os netos e os fillos dos vencidos contèntanse con reparar os efectos dunha derrota en vez de seguir pelexando, agora democraticamnte, por unha REPÙBLICA que un dictador lles usurpou.
Por todo isto pregunto...Memoria ou Historia?

1 comentario:
cantas tropelías se fixeron en zona republicana? cantos asesinatos a xentes do bando nacional?. Concordo en parte co de Fraga á pesares de seren elexido polo pobo reiteradas veces. Meu pai foi represaliado en Silleda por ser meu avó republicano, pero todo é unha manipulación do xuíz estrela. Recuperemos a dignidade dos nosos mortos pero non nos deixemos manipular e miremos cara o futuro.
Publicar un comentario