
Vanlle a dar ata no carnet de identidade ò Sr. Feijoo. Negarse a debatir està hoxe en dìa moi mal visto pola opiniòn pùblica. Os seus rivàis polìticos sacaràn moito xugo desta negativa pero a realidade eu creo que vai por outros lados. Hai cousas neste tema que a min parènceme un tanto sospeitosas. Para min un debate a tres non serìa xusto se antes a Feijoo non se lle dera a oportunidade de medir as sùas forzas con cada un. A Televisiòn de Galicia quere inventar a pòlvora televisiva armando un triàngulo para nada equilàtero. Argumenta que non ten medios de produciòn suficientes para facer tres debates polo tanto para aforrar elixe a modalidade de tres bandas. Ista razòn, para todos aqueles que coñecen os medios reais e a forma de traballar da Televisiòn de Galicia supòn unha mentira a tòdolos galegos. A nivel de audiencia o debate que pode dar mellores resultados serìa Feijoo-Touriño, pero non creo que o Partido Socialista se atreva a esta xogada. O interesante destes debates son o enfrontamento Goberno-Oposiciòn, neste caso o goberno bipartito e o candidato popular.... outra quimera xa que o rival màis idòneo para Feijoo non è Touriño...è Quintana.
O ultimatum dado hoxe pola Televisiòn de Galicia e o seu posterior comunicado deixa claro que iste debate estaba argallado polo bipartito. Non entendo como din que se cancela o debate o tres cando para cancelar algo primeiro tiña que haber un acordo para celebrarse...non foi o caso.
Hoxe tamèn o Sr. Touriño asegura que o PP atenta contra os dereitos democràticos dos galegos, moi ben...pero entòn haberìa que explicar que Patxi Lòpez fai o mesmo no Pais Vasco o negarse a un debate a tres bandas na televisiòn pùblica vasca con PNV e PP. O socialsita vasco mantèn que el so debatirà co PNV porque son os dous màximos aspirantes a gañar as elecciòns, unha manobra para deixar fora de xogo ò candidato popular.
Debatir sempre e bo pero manipular os debates ou convocalos cando sabes que tes certa ventaxa è de cobardes. Para min neste caso a valentìa polìtica hai que atribuirlla o Sr. Feijoo a sabendas que terà que multiplicar os esforzos na campaña para calar algunhas bocas.
O da Televisiòn de Galicia, coma sempre, non ten remedio. Os seus dirixentes estàn postos a dedo e asì non hai maneira de ser imparcial. Co que costa unha miserable Gala do Cocido fanse 10 debates...pero en fin...
De tòdolos xeitos sen un debate a tres o PP non perde, o PSOE non gaña e o Bloque deixa de gañar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario