
"Galicia falou alto è claro"...Con estas verbas o flamante vencedor saudaba a sùa victoria...Pois si, falou...pero eu particularmente prefirirìa que berrase para que os seus gobernantes escoitaran tamèn alto e claro.
Segùn o gañador Galicia votou polo cambio. Segùn os perdedores Galicia votou pola non continuidade do cambio.
Cambiar, cambiar e cambiar...tanto gañadores como perdedores utilizan este verbo pero eu non acabo de entender a que se refiren.
O cambio que prometìan nacionalistas e socialistas para min non existìu ou o mellor foi tan leve que pasou desapercibido.
Respecto o cambio que asegura Feijoo pois eu non o teño tan claro...moitos dos integrantes da sùa lista, comezando por èl mesmo, xa foron consellerios, directores xerales, subdirectores...
Lembro unha viñeta de Forges na que aparecìa un alto funcionario encumbrado nun pedestal respostando as inquietudes dos seus subordinados coa frase: "tenemos dos alternativas: o seguir igual o continuar como estamos"
Dende o 2005 ata hoxe o bipartido respostou moitas veces nestes termos. À mente venme enseguida o vergoñante exemplo da Cidade da Cultura.
Xa que Galicia non berrou permitìdeme a min un berro para clamar que o noso paìs non precisa tanto de cambios de gobernos e si de cambios de gobernantes. O bipartito tivo a sùa oportunidade e desperdiciouna por falta de valentìa polìtica...barreron moito lixo pero ocultaron a quenes emporcallaron durante dezaseis anos boa parte da Administraciòn galega.Prefiriron borròn e conta nova. Pois iso...borròn e conta nova.

No hay comentarios:
Publicar un comentario