
Dame noxo, rabia, impotencia... ver como dìa tras dìa se machaca o galego. Non se fai con nocturnidade e alevosìa. Nas pasadas eleciòns fìxose a plena luz do dìa en forma de manifestaciòn a prol dunha Galicia bilingue. Tratouse de escenificar unha falsa reinvidicaciòn para cargar contra unha parte do bipartito, o Bloque Nacionalista Galego...o ùnico partido polìtico que dende que se aprobou o Estatuto en 1981 foi quen de tomar e aplicar medidas concretas de defensa do galego.
Inexplicable foi como o Predisente en funciòns da Xunta e candidato desmarcouse da defensa a ultranza do galego desexando unha Galicia trilingue na cal o inglès deberìa tamèn ter un papel preponderante. Cando lin este posicionamente de Touriño enseguida pensei "iste tipo è un autèntico ignorante". Lonxe de defender o noso idioma ponlle unha pedra màis por riba.
Os que apoiaron a manifestaciòn de Galicia Bilingue, fixèronno en exercicio da sùa libertade i eu exercendo a miña berro os catro ventos que son unha pandilla de mentireiros, manipuladores e farsantes.
Non desexan unha Galicia bilingue...desexan unha Galicia disglòsica..en realidade non saben ben o que desexan. O castelàn segue sendo o idioma que goza dunha situaciòn de prestixio fronte o galego. Proba disto è que o electorado deu as costas o ùnico partido que defendeu abertamente o noso idioma. Un rexeitamento electoral que non debe facer cambiar as posturas dos nacionalistas à hora de protexer a lingua que falou o ùnico rei que se chamou sabio.
Agora resulta que defender o galego è impoñelo. Que aprobar leis para que a lingua dominada se achegue à dominante è ir contra a libertade das persoas...A min impòrtame un pito que a maoirìa votase o Partido Popular porque as maorìas tamèn se equivocan e niste caso pois claramente. O electorado optou por votar a un candidato que alimentou a idea de que o galego estaba sendo imposto...pois ben...agora tocarà ver como impòn o castelàn...
Escribo todo isto dende Colombia, onde xa desapareceron moitas linguas e outras a sùa presencia è xa testimonial. Estos dìas estiven recorrendo varios colexios e topeime con algùns alumnos indìxenas. È vergoñante como hai un interès para que estas perosas perdan a sùa identidade. Estudan castelàn e inglès...pero a sùa lingua nai non a poden falar en clase. Ata se avergoñan de falala en pùblico e como moito a susurran no oido doutros compañeiros guayùs...
De tòdolos xeitos meu fillo en Colombia falarà galego...como pai voullo a impoñer, "atentarei" contra a libertade do meu fillo impoñèndolle a miña lingua. Non creo que sexa nin mellor nin peor rapaz por falar galego pero si me gustarìa que fose un neno orgulloso das miñas orixes que son as sùas.
Por certo tamèn dende Colombia anuncio que as bases do Festival internacional de Cine Santa Marta, en Colombia, seràn publicadas en Galego, Castelàn e Inglès...en clara homenaxe trilingue a Touriño.
O galego è unha das poucas cousas que aìnda son nosas...empreguèmolo para que nos devolvan as outras...
Unha aperta.

3 comentarios:
OLE...MECAGONDIOS
Ben falado!
Non podo entender como a maioria dos galegos podemos ter este noxo pola nosa lingua!!
Falou Kali e falou bem
Publicar un comentario