miércoles, 20 de mayo de 2009

Videomanipulación...

Agardaba para saber quen dos dous- PP ou PSOE-ía a dar o pistoletazo de saída da podredumbre a que nos teñen xa acostumados en forma de video electoral. Ben, dùbida despexada...os "socialistas" pegaron primeiro cunha peza verdadeiramente noxenta. Sempre son videos sen firma, sen autor recoñecido...e non me extraña nada...non creo que sexa de bo agrado recoñecer tal autorìa. O audiovisual por desgracia està mal, sempre o estivo. È como un sector da construcción en crise permamente. Moitos son os chamados e poucos os elexidos... e claro hai que comer...de ahì a obriga de facer estos traballos "alimenticios". Pero polo menos hai alguèn que se avergoña destas porquerìas. Que sexa polo menos o autor parèceme ben. Parèceme realmente mal que os propios partidos non o fagan. Iste en concreto è unha apoloxìa da estupidez.

Lembro que no ano 2005 acudía o Festival de Cans en Porriño. Segundo o xurado desa edición unha das curtas gañadores reflexaba fielmente o sentir de Galicia nese momento...jajajajaja...o autor non subíu a recollelo. Estaba traballando e disculpaba a súa ausencia na figura do seu productor. Poucos sabían a natureza dese traballo. O autor desa curtametraxe estaba en Coruña rodando o spot promocional do Partido Popular de Galicia. Uns días antes estaba en Santiago rodando unha das curtas de "Hai que botalos".
Non vou a dicir o nome porque non ven ó caso. Seguro que cobrou ben e realmente non vexo nada reprochable. O talento á disposicón dun partido político previo pago dunha cantidade...nin máis nin menos. O reprochable e asfixiar o talento e utilizar o medio audiovisual para vomitar mensaxes miserables.

Pensar que os demáis son imbèciles e unha mostra de imbecilidade. O PSOE semella que vai a xogar o partido en Europa ó ataque...ò ataque de risa máis ben.

PD. Eu por suposto non vou a colgar no meu blog este video...de tòdolos xeitos seguro que o ides a ver moitas veces...a merda sempre sae a flote.

No hay comentarios: