martes, 21 de julio de 2009

Para os galeguistas...

...sobre todo para os galeguistas do PP e do PSOE. Vostedes son os que van a negociar e pactar a reforma do Estatuto? Que sepan que os seus líderes non entenden a Galicia como Nación. No preámbulo non aparecerá ese termo porque según os seus líderes introducir a verba Nación sería dividir á sociedade.
Como moito se lle recoñezerá a Galicia a categoría de Nacionalidade Histórica, unha categoría que ten que ver co pasado.
O estatuto galego ten que mirar cara o futuro e recoñecer a Galicia como Nación. Nación ven de "natus" e fai referencia ás xeneracións que nacen ou están por nacer. Qué sentido ten aprobar un novo estatuto que nos birla a posibilidade de ser?

Os galeguistas do PP e do PSOE deberían saber que os seus amados partidos non entran nin sequera na discusión porque dende sempre o debate das nacionalidades sempre o abordaron como un dogma de fe. Para eles é un modelo fixo que non acepta discusións e todos aqueles que non se sintan españois son uns borregos nacionalistas.
Nin sequera perden o tempo intentando comprender que hai outra xente que pensa distinto. Se amparan na tiranía dos números para executar políticas para Galica xestadas na meseta.
Nin eles mesmos se chaman galegos...como moito galeguistas. Talante galeguista, políticas galegusitas, acordos galeguistas...todo é galeguista pero nada é verdadeiramente galego. Incluso queren un estatuto galeguista....eu non vin en Cataluña que aprobaran un estatuto catalanista. Aprobaron un estatuto catalán e con Catañuña como Nación...pero claro alí o PSOE tivo que tragar as demandas dos borregos nacionalistas.

Galicia é unha nación antes que España fora tal. Historicamente é indudable. Culturalmente irreprochable. A intolerancia dos seus partidos negan a evidencia. Do mesmo xeito considero evidente que todos aqueles que nos queren negar como nación non deberían estar lexitimados para negociar un estatuto...pero iso é o que hai...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Qué hijo de puta no publicas?

yo dijo...

¿Qué hijo de puta no te identificas?

Rafik dijo...

vas levar, mamóncete...

bicos, faltabas ti en Eire

rafik