A min non me cae simpático este equipo por varias razóns. A primeira polos seus dirixentes...que son os donos dunha cidade onde a alegría despáchase en dósis futboleras e carnavalescas...o demáis pouco importa.
A segunda polo elevado nivel de relixiosidade dos integrantes deste equipo. Cada vez que marcan un gol encoméndanse a Jehová...cada vez que gañan reúnense no centro do campo para elevar plegarias a Jehová...todo é gracias a Jehová.
Incluso a prensa que cubre información do Junior coloca a Jehová ( ou a Deus) como un dianteiro máis. Para mostra un botón.

Debaixo das súas camisetas lucen mensaxes cristiáns ou evanxélicos. Máis que un equipo de fútbol semellan unha secta perfectamente disposta para o reclutamento de almas descarriadas.
Inlcuso sectores da igrexa "oficial" non dubidan en mostrar a súa paixón polo equipo.
A prensa barranquillera amosou a súa paixón polo equipo...por suposto as marcas comerciais se subiron ó carro...
Ata Santiago foi captado polo espíritu juniorista...
Pero os barranquilleros foron soberbios...ningunearon a un rival e por suposto perderon. O resultado final transformou a festa nun velorio que unha semana despois segue dando coletazos.
Hoxe un xogador do Junior rematou coa vida dun siareiro de 24 anos disparándolle na testa. O rapaz polo visto se dirixíu ó futbolista chamándolle "maleta".
Prensa, dirixentes, patrocinadores, políticos...son tamén culpables da morte deste xoven. O futbolista apretou o gatillo pero antes cargouse o arma do fanatismo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario