lunes, 25 de mayo de 2009

A Mayor Oreja maiores males...

En realidade é ben triste comprobar como un partido tan importante e representativo como é o Partido Popular pode colocar como candidato a un tipo como Jaime Mayor Oreja. Os debates televisados non son unha boa nova para este partido pero deberían facer o esforzo para gañar polo menos algún.
A actuación do candidato popular hoxe para min rozou o ridículo. En imaxe suspendeu, en oratoria moi deficiente e a súa mensaxe paleolítica.
Parte da súa intervención dedicouna a alertar sobre o perigo que corre o español. Segundo este home existen en España persoas que osan a falar outras linguas. Toda unha afrenta para o resto de españoles. Este Herodes das linguas perifèricas observa que con estos comportamentos linguísticos España vai inexorablemente hacia a desmenbración. As hordas nacionalistas están conseguindo o seu obxetivo con estas "curiosas" formas de falar.
Iste tipejo tivo a desdicha de ser adoctrinado nas "mellores" escolas franquistas. Semella claro que en ningunha etapa da súa formación lle falaron galego e moito menos lle explicaron que o galego e moi anterior ós nacionalismos que el ataca, incluso anterior ó nacionalismo español que tanto defendeu como membro do Opus Dei.
Para min Mayor Oreja é un milenarista metido a político por imposición familiar mentras agarda o descenso de Cristo para resolver tódolos males que nos trouxeron as esquerdas.Neste periplo vital foi ministro da grande e libre e agora candidato a unha Europa que nin entende nin respeta.
Mayor Oreja è un retrógadro con apariencia de oso tristón pero disposto a dar o zarpazo definitivo á pluralidade linguística. Asegurar que o español està ameazado e que se atenta contra a libertade dos casteláns falantes é mentir. Tan so hai que ler os últimos informes que situan o castelán como a lingua do mundo con máis progresión. Mentras o galego está hospitalizado e atendido por mèdicos de dubidosa reputación tipos como Mayor Oreja encargan o féretro e cavan a tumba dun idioma que non é o seu.
O castelán en perigo, o aborto un mal, España que se rompe...imaxes en branco e negro nun mundo que xa é en cor. Semella que apelidarse Mayor Oreja non leva implícito saber escoitar. O da vista deficiente é máis entendible debido o seu ollo esquerdo defectuoso que provoca que todo o vexa dende unha óptica de dereitas. "Orellas que non oen" e "ollo que non ve" serían dous alcumes que en calquera tribu siux ou apache inhabilitaría para o goberno os seus donos. Aquí semella o contrario.

No hay comentarios: