A política din que è unha ciencia pero a súa práctica é toda unha arte...a arte do engano. Que Pepe Blanco agora recoñeza que o AVE non chegará a Galicia no 2012 è presentado como un exercicio de sinceridade cando a realidade debería ser outra ben distinta. Mentíu Zapatero, mentíu Magdalena, mentìu Touriño, mentíu todo o Partido Socialista...e nen sequera se ruborizan. Pepe Blanco tamén mentíu porque como responsable de organización desta banda él era o que supervisaba as mensaxes que lanzaban os seus "compañeiros".
De tódolos xeitos que mintan os políicos non debería alporizarnos. Á forza de tantas barrabasadas que din as súas mentiras fan tempo que xa non escandalizan. A sociedade està anestesiada. A mentira està á orde do día.
En realidade este arrebato de "sinceridade" de Pepiño é a mostra palpable de que a esta xente Galicia lle importa un pimento de Padrón. Porque somos galegos o fai. Porque está obra afecta a Galicia o fai. Porque os galegos non porán o grito no ceo o fai. Porque os socialistas galegos non rechistarán o fai. Sodomizar a Galicia è realmente barato, que sexa plancenteiro xa habería que preguntarllo a outro galego como Pepe Blanco.
Algúns pailáns dirán que o bipartito tamén mentíu. Os socialistas galegos foron enganados e os nacionalistas nunca lle deron credibilidade as promesas do 2012. Polo menos existíu nese momento alguèn sensato. Mágoa que non se lle fixera caso. Istas declaracións xa teñén case un ano.
Eu imaxínome a Zapatero, Magdalena e Pepiño pola autovía da Coruña rumbo a Galicia cantando "vamos a contar mentiras... tralalá...vamos a contar mentiras...tralalá. De tódolos xeitos cando teñamos AVE, alá polo 2030, serán outros os políticos que viaxen a Galicia ó triple de velocidade pero tamén coa mesma cantinela.
Estos galegos...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario