martes, 12 de mayo de 2009

Melancolía

Ando como parvo...como melancólico. Hoxe fai xusto un ano entraba na habitación do meu sobriño a darlle un bico de despedida. Aínda se me encolle o corazón ó lembrar a súa mirada cando lle dixen que se portara ben e que regresaría pronto. El sabía que non era certo e se a tristeza ten mirada a de Fran nese intre clavouse en min para sempre. Hoxe é o seu cumpreanos e non teño nada para regarlle, nin sequera un bico. Pregunto tódolos días por él e sei que està ben...medrando...que incluso marca goles no Cortizo e que ten un cabalo novo. Seguramente non lle falte de nada pero a min faime falta él.

Feliz no teu día FRAN...

No hay comentarios: