domingo, 10 de mayo de 2009

Que berren os nenos...


A Voz de Galicia fala en castelàn e polo que semella o galego non entra nos seus plans a non ser para atacalo.
Hoxe leìn a opiniòn de Roberto Blanco Valdès. Impresiona tanta "sabidurìa" e "clarividencia" para firmar un artigo con iste titular: "¿Y si en lugar de Correlingua fuese Correlengua?". Imaxino que iste señor à hora de facer unha pregunta tan absurda non agarde respostas moi lùdidas...de tòdolos xeitos eu vou a intentar reflexionar sobre esta pregunta que fai.
Se fose Correlengua serìa tan ridìculo como se as dez fortunas màis ricas do mundo organizasen unha manifestaciòn para reclamar un reparto màis xusto da riqueza.
O galego necesita proteciòn...O galego xa è o lince ibèrico do noso monte linguìstico. Non se trata de reinvindicaciòns nacionalistas Señor Blanco, as estadìsticas asì o reflicten.
Para ista pluma privilexiada que os nenos saian a rùa a defender o seu idioma è unha manipulaciòn... sen embargo que Galicia Bilingue empregue a educaciòn dos seus fillos e dos demàis para acabar coa nosa lingua debe ser un acto heroico.
Se os nosos mozos saen a rùa pidindo clases en galego pois non...pero se os pais se manifestan esixindo màis castelàn e menos galego pois si.
Por moitas voltas que lle demos a esta cuestiòn sò unha cousa està clara: O galego agoniza.
Negar esta evidencia è de pailanes, especie por desgracia moito menos perseguida que o lince ibèrico, incluso promocionada en columnas de xornais.
O galego transcende os discursos nacionalistas, constitucionalistas, españolistas, galegistas. O galego è o noso idioma e tamèn deses rapaces que sairon a rùa. O triste è centrar o discuro nunha suposta manipulaciòn sen entrar no fondo desta manifestaciòn.
Serìa màis san para o galego se o defenderemos como galegos, sen etiquetas, como algo noso, algo polo que moitos loitaron e seguen a loitar nas barricadas linguìsticas onde os queren levar aqueles que so empregan a Galicia para poñerlle nome a un xornal.

No hay comentarios: