Que en calquera parte do mundo podes atopar a un galego non deixa de ser un tópico. Levo un ano en Colombia e ainda non me atopei con ningún. Ista fatalidade fai que a miña relación con Galicia sexa máis ben dende o interior. Nas miñas lerias levo meses intentando definirme. Se alguèn me preguntara Galeguismo ou Nacionalismo gustaríame estar preparado para contestar.
Leo con atención o que escriben dende moi diversos foros xente que reclama a creación dun verdadeiro partido galeguista (o que hai é un insulto á intelixencia). Outros que xa teñen o garito montado esixen que os seus partidos xiren hacia o galeguismo. Dende o Partido Popular algúns se declaran galeguistas, mesmo a Deputación de Pontevedra condecorou o avó de Rajoy como prócer do galeguismo. Dende o Partido Socialsta máis do mesmo, incluso no facebook xa hai un movemento reclamando que o PSdG-PSOE sexa máis G.
Non logro discernir a mensaxe que lanzan os que reclaman máis galeguismo. Moito máis me costa entender que o fagan dende eses dous partidos.
O galeguismo do PPdG e do PSdG non é nacionalismo galego claro está. So escoitar o término nacionalista lles saen sarpullidos. Dende os dous partidos estatais se oen voces dicindo o moito que aman a Galicia, a súa cultura, a súa fala, as súas xentes...Os sentimentos que expresan fan chorar da emoción pero eu me pregunto: Non basta con ser galego para sentir isto? Hai que promover correntes de pensamento galeguistas para dicir isto?
Ser galego debería implicar amar a Galicia, entendela, respetala e traballar para ela...A crónica política galega reflicte moitas veces o contrario. O galeguismo se adestra nos despachos dos partidos estatais e se xoga nos medios de comunicación simplemente porque os seus votantes directos son galegos...e claro...algo hai que decirlles.
Pódese defender a Galicia sendo galeguista no Partido Popular? na miña opinión NON. Pódese defender a Galicia sendo galeguista no Partido Socialista? Na miña opinión tampouco engadindo neste último caso outra pregunta: Pódese defender o socialismo dentro das filas do Partido Socialista Obrero Español? Non entenden o que é socialismo para entender agora o que è galeguismo.
Vou a intentar razonar os meus NONS dicindo que para min o galeguismo è un concepto cultural fronte o nacionalismo galego que è máis un concepto identitario.
Proba disto son os discursos e os comportamentos polìticos actuais. Para centrar a miña reflexión vou a referirme ó sector gandeiro galego.
Para os galeguistas unha política axeitada para o rural foi subvencionar casas de turismo rural, museos etnográficos, mercas de pazos...lugares onde poder exhibir o preciado trofeo do agro galego. Se asfaltaron pistas pero non para ir senón para marchar ata as "cidades".
Mentras enchían o rural de trapalladas valeiraban os campos de xente...Entenden algúns galeguistas que traballar para Citroen e mellor que traballar nunha horta, son os mesmos galeguistas que pensan que Citroen é unha empresa galega e regalan cartos para mercar coches...non vaia ser que os gandeiros se lles dea por mercar tractores, máquinas para ensilar, empacadoras...Mentras os franceses invadían o mercado co seu leite os nosos galeguistas daban axudas públicas para que en parroquias como Doade se escenificase cada ano unha malla tradicional. Algúns proxectos xa contemplan o noso agro como unha fonte inagotable de onde manaràn importantes dividendos procedentes dos turistas. En vez de axudar a producir se nos acostumou a recibir esmolas por cesar as producións.
Pero os nosos gandeiros necesitan axuda xa. Políticas verdadeiramente útiles que reclamen o que é noso...e iso non sei como demos se pode defender dende unha óptica galeguista. Os galeguistas negocian en Madrid, en Bruselas...pero non como galegos. O fan sen ofender os aparatos dos seus partidos. Hai galeguistas acèrrimos defensores da oliva de Jaén que nunca presentaron nada a prol da mellora do noso agro. Reciben os seus votos de os galegos pero os poñen a disposición dos seus partidos.
Para min un galeguista convencido é un nacionalista moderado...ou sexa: NADA. Desgraciadamente o espectro político galego està repleto de NADAS e ainda máis desgraciado aún é que os NADAS son unha amplia maioira no Parlamento Galego.
Os galegos os votaron, certo é...pero non por iso somos tontos...temos a cabeza dura, iso si...noutras sitios xa tiveran a cabeza máis que aberta...Nos non porque hai conceptos, políticas, mensaxes perfectamente estudiadas que impiden ver con claridade. Os que se declaran galeguistas non queren ver porque o seu suposto amor por Galicia os cega...amores que matan...
De tódolos xeitos o afloramento de movementos reclamando máis galeguismo nos partidos estatais é sen dúbida unha excelente nova para os nacionalistas galegos. Canto máis se galeguizen as forzas políticas máis crecerá o nacionalismo galego. A xente sempre vota polo orixinal e non por unha copia. Exemplo témolo en Cataluña. Os mellores resultados de ERC viron precedidos por un acentuamento do catalanismo no Partido Socialista daquelas terras.
En definitiva, se me tivera que definir nunca sería galeguista. Nacionalista non son pero non me importaría selo...ata respostando hai que intentar ser galego...jajajajaa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

3 comentarios:
A min cando me preguntan si teño sentimento galeguista-nacionalista-españolista-europeista siempre resposto o mesmo. EU SON DE LALIN.¿Pode haber un sentimento máis grande?
Eu querer querote e a virghen
A ver que che parece o noso:
www.converxencia.eu
http://carlosvpadin.blogspot.com
Saudos,
Carlos
Publicar un comentario