Impresionante...A exposición Lalín Pork Art tivo 700.000 visitantes. Os directores dos museos máis prestixiosos do mundo deberían tomar nota e analizar a iniciativa do Concello de Lalín.
Tendo en conta que un dos museos máis visitados do mundo é o Museo do Prado, cunha media de 2.000.000 de persoas ó ano, a cifra da Pork Art é polo menos chamativa.
Os organizadores aseguran que 31 porcos pintados foron vistos por esta cantidade enorme de xente...o que deixa unha "audiencia" de 22.580,64 persoas por porco...isto é 61,86 persoas ó día por chancho...
Se o Museo do Prado ten unha coleción de casi 8000 pinturas e máis de 6500 debuxos podemos chegar a conclusión de que a Pork Art está revolucionando o mundos das artes plásticas.
A iniciativa do Concello de Lalín xa non so é pioneira no mundo (jejejejeje) agora sería un modelo a seguir por expertos mundiais.
Pero cómo é que uns ranchiños pintados por artistas algúns deles non moi coñecidos pasen a ser auténticas figuras mediáticas? cal é a fórmula?
Pois moi sinxelo...se colocan nun centro comerial a ser posible ben visible, .entón cada persoa que pase a comprar un litro de leite convírtese en todo un visitante da afamada exposición itinerante Lalín Pork Art.
Para acadar cifras todavía máis altas pois se coloca nun porto...por exemplo o Porto de Vigo...entón multiplícase o número de cruceiros que chegan ó porto polo número de pasaxeiros...deste xeito a Señora Irina Petrova a quen os seus fillos moscovitas lle regalaron un cruceiro para tela entretida se convirte tamén nunha visitiante.
O titular de "700.000 personas visitaron la exposición Lalín Pork Art" eu creo non fai xustiza e de certa maneira quédase corto. Eu propoño que o Concello de Lalín sexa todavía máis ambicioso nas "súas" cifras e ben podería colar o seguinte titular :" La exposición Lalín Pork Art espera la visita de 6.751.643.600 personas"
A totalidade da poboación mundial non debería perderse este espectáculo...Crespo invita...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario