
Onte léin o decretiño plurilingüista de Feijoo e hoxe o teño claro…hai que ser ben cabrón para presentarse a unhas elecións galegas e despois tentar rematar co noso idioma.
Iste que lle chaman Presidente Feijoo é un ser mezquino porque para acadar a armonía social das dúas linguas oficiais o que fai falla é un pouco de imaxinación e menos dosis de mezquindade. Preséntase como o pacificador idiomático e o único que pode aspirar a ser é un dinamiteiro do ben máis preciado que temos os galegos: o noso idioma.
Como un prestidixitador soberbio, que sempre pensa que non se lle ven os trucos, iste tipexo enarbola a bandeira da libertade de eleción entre galego e castelán e lle suma un tercer elemento: o inglés ( ¿non sería máis útil o mandarín ou mesmo o árabe nos tempos que corren?).
Lanzado e espoleado pola súa banda de secuaces apreta a súa fauce nas gorxas dos galegos para que nun futuro non moi lonxano so podamos emitir sonidos trilingües. As linguas conviven máis nunca comparten espazos, polo tanto o galego non se pode falar 1/3, o castelán outro tercio e o inglés o tercio restante.
Máis se considero a Feijoo o executor do galego os responsables son tamén todos os que o votaron. Sei que non é moi democrático da miña parte o que acabo de escribir pero tanto me ten…cada día renegó máis das democracias.
Todavía non inventamos a fórmula política perfecta e nesa imperfeción navegan as súas anchas elementos como Feijoo, Zapateros, Rajoys…Farto xa deste liberalismo absurdo moito me temo que tiñamos que resignarnos á democracia, isa institución que comparte sorte coa escola e co matrimonio. Ningunha das tres funcionan pero persistimos nelas porque todavía non atopamos nada mellor que a democracia para administrar a cousa pública, nin nada mellor que a escola para a trasmisión do coñecemento, nin nada mellor que o matrimonio para salvagardar á familia.
Pero para que carallo quero eu unha democracia que sitúa en cotas de poder a uns tipos que perpetran continuamente atentados contra a miña identidade. É democrático que os pais e nais elixan as linguas dos seus fillos? É democrático atentar contra a libertade de cátedra? É democrático crear ghetos idiomáticos?
O galego está ferido de morte en medio dun sistema podre. Fai falla imaxinación para combatir os seus inimigos…e menos política…moita menos política porque ista palabra en Galicia está reñida coa cordura.
Dicía Paul Valery que un edificio social é máis sólido canta menos forza requira para sosterse. Galicia necesita novos “arquitectos” capaces de imaxinar tempos mellores…todo o que non se poida imaxinar non se vai a poder realizar.

1 comentario:
Ven manán día 20 ás 20,30 a mesa redonda no IES RAMON ALLER, participan o Sr. LOPEZ profesor no Laxeiro, o sr. Rafa Cuiña e outro máis quenon recordo agora. Vale xa me fago a idea de que estás aquí............
Publicar un comentario